Curriculum Vitae Resumido
Camilo Isaac Ocampo Gómez é Profesor Titular na Universidade de Vigo da área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación e pertence ao Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Orense).
É Mestre (Escola Normal de Maxisterio de Ourense, 1967), Licenciado en Filosofía e Letras (Universidade Nacional de Educación a Distancia, 1979) e Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación co Premio Extraordinario (Universidade de Santiago de Compostela, 1995).
Na actualidade imparte docencia nas titulacións de grao de Educación Social e Educación Primaria; asi mesmo dirixe Traballos Fin de Grao, Fin de Mestrado e Teses Doutorais. Igualmente dirixiu numerosos traballos de investigación a alumnado de terceiro ciclo (Certificado de Estudos Avanzados) e impartiu cursos de doutoramento nas universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.
Da clases de Orientación no Mestrado Universitario en Profesorado da Universidade de Vigo (e ata o 2003 no antigo CAP) organizado, primeiro polo ICE da Universidade de Santiago de Compostela, despois xa pola de Vigo. Actualmente as materias son tres: Orientación e Función Titorial (no Módulo común), Bases legais, composición, plans e programas e, a terceira delas, Orientación académica e profesional (no Módulo específico). Tamén é titor de alumnos no Prácticum.
Escribiu e participou en libros como Orientación Educativa. Novas perspectivas (2012), Avaliación Psicopedagóxica e Orientación Educativa (1997, 1998 y 2000), Diccionario Galego de Pedagoxía (2010), así como en artigos publicados en revistas: “Aprendizaxes e propostas para a formación dos orientadores de Secundaria a partir da opinión do alumnado do prácticum de Psicopedagoxía (Revista Española de Orientación e Psicopedagoxía (2016), “Recensión sobre a obra Santos, M.A. y Lorenzo, M (eds.) (2012): Estudos de pedagoxía intercultural" (Bordón - Revista de Pedagoxía, 2012), “Construción e validación dun instrumento diagnóstico para a representación cognitiva da Orientación Psicopedagóxica en Galicia”(Revista Española de Orientación e Psicopedagoxía, 2009); “Funcións titoriales no Prácticum de Psicopedagoxía na Universidade de Vigo: percepción dos estudantes actuais” (Revista de Educación, 2007); “Validación dun instrumento para a adquisición de coñecemento e diagnóstico da orientación psicopedagóxica mediante análises multivariable” (Revista Galego – Portuguesa de Psicoloxía e Educación, 2007).
Participou en varios proxectos de investigación: Proxecto GIANT (Guidance, Innovate, Actions and news Tools (2008-2010); Valoración psicopedagóxica de proxectos de orientación educativa en centros de Educación Secundaria (1996-1999); Análise do clima organizativo, da súa incidencia na satisfacción dos profesionais da educación e no funcionamento dos centros docentes e servizos de orientación escolar e profesional” (1994-1996).
Igualmente participou en contratos de investigación como: “Diccionario Galego de Pedagoxía” (Investigador principal: José Antonio Caride Gómez, de 2006 a 2008), “Avaliación da calidade e innovación dos centros docentes de Galicia e propostas de mellora educativa” (Investigador principal: Luís Sobrado Fernández, de 2004 a 2005), “Informe sobre a evolución e estado actual do sistema educativo en Galicia” (Investigador principal: Miguel Anxo Santos Rego e Mar Lorenzo Moledo; cursos 2002-2003, 2003-2004 e 2004-2005).
Actualmente as suas principais líñas de traballo investigador son dúas: a) Estudo das competencias que necesitan na actualidade as persoas profesionais da orientación educativa; b) diagnóstico do sistema educativo: funcionamento dos actuais servizos orientadores.